Este domingo día 10 ás 19.00 h os dous grupos infantís da Escola Municipal de Artes Escénicas soben ao escenario para realizar as súas exhibicións de fin de curso. O grupo de 6 a 8 anos porá en escena a peza Xoguetes, inspirada no libro de Mª Victoria Moreno Festa no faiado. A continuación, será o grupo de 8 a 11 anos o que poña en escena unha adaptación do conto de Xosé Lueiro El ladrón de paraguas. Dirixidos por Paula Quintas e Akira Valero, as dúas obras pertencen ao xénero de Danza-teatro, xénero onde a creación colectiva e o traballo físico son a nota predominante. 

 
O reparto da obra Xoguetes  está composto por  Roi Álvarez, Catalina Álvarez, Inés López, Marta Correa, Alessandra Illobre, Xiana Otero, Helena Miranda, Clara Rey, Estela Riera, Noa Romero, Lía Rey, Aldara Mato, Santiago Loureiro, Mario Fernández e Violeta Nuñez. Os actores da peza O ladrón de paraugas son: Lía Vázquez, Uxía Vilariño, Andrés Díaz, Marcela Torrado, Alma Diéguez, Paula López, Paula Puente, Hugo Ríos, Mariana Torrado, Clara González, Cristian Conti, Carla Penide, Borja Gorís, Sara Núñez e Lara Rey.

Radio Estrada recollerá o premio o domingo 27 de maio, durante a XXV Festa do Galo de Curral, en Vila de Cruces (Festa de Interese Turístico).

Para acceder á información completa prema aquí.

 

A Coral Polifónica Estradense, que deu os seus primeiros pasos no ano 1996. Estreouse o 29 de xuño de 1997, durante a celebración do San Paio, e baixo a batuta de Xabier Comesaña, quen aínda a dirixe a día de hoxe. Foi el o encargado de lembrar onte que esta formación coral ten xa case 200 obras no seu repertorio e outras tantas actuacións ás súas costas. Xunto a el recolleron o galardón Ramiro Sánchez, en representación dos tenores; Rosa Rey, representando ás sopranos; Josefina Neira, polas contraltos, e Ricardo González en nome dos baixos. A coral ten hoxe 45 voces.

Noticia do Faro de Vigo

 

 

O alcalde da Estrada, José López Campos, o presidente do Centro de Iniciativas e Turismo, Manuel Reimóndez, e a hostaleira Adriana Abelleiro Cusido, presentaron en rolda de prensa novidades da XLV Festa do Salmón. Xunto co deseño do cartaz desta edición, anunciaron que o pregoeiro será o neurocientífico Carlos Acuña Castroviejo e que as insignias do Salmón de Ouro entregaranse, ademais do pregoeiro, á Coral Polifónica Estradense e á Fundación Casa Ducal de Medinaceli.

 

 

 

Celebrarase o domingo 22 de abril, ao longo do todo o día, no recinto feiral A Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada que abrirá este domingo as súas portas para a celebración, ao longo de toda a xornada, do XIV Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere, un certame no que están inscritos un total de 33 grupos procedentes de múltiples puntos da xeografía galega.
 
Estas formacións inscríbense nas catro categorías do concurso. A categoría determinarase pola media de idade das persoas que compoñen a agrupación (a A para integrantes de ata 10 anos; a B, de 10 a 12 anos; C, de 12 a 16 e a categoría D para maiores de 16). O grupo de baile terá que estar formado por un mínimo de catro parellas, a non ser que as características do baile presenten outro tipo de formación. As bases contemplan que cada grupo debe levar consigo o seu grupo de acompañamento e que ambos deben lucir traxe tradicional. Cada formación dispoñerá dun tempo máximo de cinco minutos e non están permitidos aderezos nin escenografía no escenario alleas ao baile ou ao corpo instrumental.
 
O concurso arrincará o domingo ás 11.00 horas para as categorías A e C, continuando en horario de tarde -desde as 17.00- para as agrupacións inscritas nas categorías B e D. As entradas terán un prezo de 4 euros e despacharanse 30 minutos antes do inicio do concurso. O xurado será nomeado por Tequexetéldere e a súa decisión será inapelable. Terá en conta a dificultade da peza, a súa execución e a súa autenticidade.
 
En canto aos premios, para as categorías A e B establécese un primeiro galardón de 150 euros, un segundo premio de 120, con trofeo para o terceiro clasificado. Na categoría C haberá un primeiro premio de 180 euros, un segundo de 150 e de novo trofeo para o terceiro posto. Finalmente, na D o primeiro clasificado levará 240 euros, o segundo 180 e o terceiro, un trofeo. Os grupos de Tequexetéldere unicamente actuarán a modo de exhibición.
Noticia de Faro de Vigo.