(16/11/2019) Convócase proceso selectivo, para a provisión, con carácter de urxencia, polo sistema de concurso-oposición, dos postos de traballo de mestras/es (persoal laboral temporal) necesarios para impartir os módulos formativos das especialidades da programación AFD, exercicio 2019-2020,

Especialidade formativa (IFCT0109) SEGURIDADE INFORMÁTICA

  O prazo de presentación de instancias remata o venres día 22 de novembro ás 14:00 h.

 

 

(16/11/2019) Convocatoria para a provisión, con carácter temporal e a xornada de 30 horas semanais de 1 posto de persoal laboral na categoría de persoal Administrativo para as actividades formativas afd.

 O prazo de presentación de instancias remata o venres día 22 de novembro ás 14:00 h. 

O Programa Integrado de Emprego da Fundación Cultural da Estrada 2019/2020 subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e que se vai xestionar dende a Fundación Cultural A Estrada, é un programa que ten como obxectivo acadar a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego do Concello da Estrada mediante as seguintes accións:

 

a) Información, orientación e asesoramento.

b) Formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas.

c) Formación específica para o emprego.

d) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a procura de emprego, tanto por conta propia como allea.

e) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.

f) Fomento da capacidade emprendedora.

g) Prospección empresarial.

h) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.

i) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico-práctico das accións formativas.

j) Mobilidade laboral.

k) Todas aquelas accións dirixidas a incrementar as posibilidades de inserción laboral das persoas demandantes de emprego.

01 LOGOS xunta ministerio galicia

 

A Fundación Cultural da Estrada impartirá dentro das accións formativas dirixidas a persoas desempregadas para o ano 2019/2020 os seguintes certificados de profesionalidade financiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social:

 

- ADGG0408 Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais nº 2019/000774 de 448 horas de duración e de nivel 1, dende o 9 de decembro de 2019 ata o 27 de abril de 2020 en horario de 9:00 a 14:00 horas.

 

- IFCT0209 Sistemas microinformáticos nº 2019/000975 de 618 horas de duración e de nivel 2, dende o 2 de xaneiro ata o 8 de xullo de 2020 en horario de 9:00 a 14:00 horas.

 

- COMV0108 Actividades de venda nº 2019/000976 de 608 horas de duración e de nivel 2, dende o 7 de xaneiro ata o 30 de xuño de 2020 en horario de 16:00 a 21:00 horas.

 

- IFCT0109 Seguridade informática nº 2019/000941 de 518 horas de duración e de nivel 3, dende o 13 de xaneiro ata o 15 de xuño de 2020 en horario de 16:00 a 21:00 horas.

 

Cada curso dispón de 15 prazas e para acceder a eles é necesario estar inscrito no SEPE como demandante de emprego, achegarse á oficina de emprego e indicar que se está interesado/a en realizar dita acción formativa, cumprir os requisitos de acceso segundo o nivel de cualificación profesional do curso e superar un proceso de selección.

 

Para calquer dúbida poden achegarse polas oficinas da Fundación Cultural da Estrada sitas en Avda. Benito Vigo nº 94 baixo ou chamar ao 986570997 de luns a venres en horario de oito a tres.