O libro coas cartas gañadoras na edición do ano pasado xa está na imprenta.

Radio Estrada entregou os premios aos gañadores da segunda edición do concurso "Can Valentín". Achegaronse aos estudos da radio municipal entre as 10.30 e as 13.00 horas para ler as súas cartas. Desde Radio Estrada anunciaron ademais que nas próximas datas informarán sobre a publicación do libro coas cartas gañadoras da primeira edición, que xa se atopa na imprenta. Os gañadores do concurso deste ano foron: en categoría A Shisuka, Osiños e Luar (por ese orden); en categoría B: Corazón de Sandía, Warrior e Tutti Fruti;  en categoría C: Airera, Purple Moon e Catorce; e en categoría E: Celme, Diamante e Amor de dúas mulleres.

 

 Faro de Vigo.

 

 

 

 

Rapaces e adultos poden enviar os seus textos ata o 14 de febreiro e haberá diversos premios por categorías.

cartel concurso cartas valentin2018Co motivo da celebración do día de San Valentín, por segundo ano consecutivo, Radio Estrada convoca o seu concurso de cartas de amor, Can Valentín. O prazo para enviar as cartas xa está aberto e rematará o día 14 de febreiro. No certame pode participar todo o alumnado matriculado do ensino primario e secundario, e todos os adultos que o desexen. “A finalidade deste concurso é que os rapaces e as rapazas cultiven a escrita en galego, tanto sexa prosa como poesía, e que coñezan os envíos postais e como hai que facelos”, apuntan desde Radio Estrada. Ademais, o obxectivo é que vexan que hai diferentes tipos de amor e non só o romántico, como son o amor fraterno, o amor á natureza, o amor á amizade, o amor solidario, o amor a algunha inquedanza ou vocación, entre outros.

Os participantes deberán presentar o texto en prosa ou en verso, deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega, versar sobre o tema ‘amor, amores’, a extensión non deberá superar as 20 liñas e deberán estar escritas á man polo autor. Na cabeceira do escrito deberá incluírse o pseudónimo do autor, o curso e o nome do centro no que estea matriculado o alumno, (no caso de que sexan rapaces), o enderezo e o seu número de teléfono.

As cartas deberán entregarse en man ou a través do correo postal no enderezo Radio Estrada Avenida Benito Vigo, 94, baixo 36680 A Estrada, Pontevedra.

Haberá un total de cinco categorías: A. Alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria, B. Alumnado de 4º,5º e 6º de primaria, C. Alumnado da ESO, D. Alumnado de bacharelato e E. Adultos. Concederanse premios ás tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría. Os premios serán material escolar, deportivo, doces, tarxetas agasallo da Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE), agasallos de xoierías, de restaurantes e de Mar de Compostela, da Asociación de Turismo Rural…

O xurado do concurso estará formado por personalidades da cultura e da sociedade estradense que emitirá o seu fallo o 23 de febreiro e a entrega dos premios será ao día seguinte durante o programa matinal da radio dos sábados.

Os interesados poden obter máis información no teléfono 986 573 433 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

As entidades e establecementos colaboradores son a Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE), o departamento de Cultura do Concello da Estrada, Mar de Compostela, as librerías Alberte Quiñoi, Duran, Faro, Lolimay, Marxe e Pérez Viondi, as tendas deportivas Aurora Sport, Plusmarca e Eva Shoes, as pastelerías La Milagrosa, Petiscos e Mimela, os restaurantes Regatos, Taberna Navegación e Argentinos Burguer, as xoierías Azabache, Benito Puente e Fondevila e a xoguetería Tiko Doco.

Descargar bases.

 

 

 

O gañador da anterior edición, Marcos Abalde Covelo, recibirá impresa a súa obra triunfadora do certame.

O escenario do Teatro Principal da Estrada albergará o mércores día 7 de febreiro a entrega do Premio de Teatro Manuel Daniel Varela Buxán, organizado pola Escola de Artes Escénicas da Estrada (EMAE) en colaboración coa Fundación Cultural da Estrada. O fallo do xurado coñeceuse o pasado mes de decembro. A obra triunfadora foi Pallaso, presentada baixo o lema Óptimo Máximo, do autor Fernando Castro Paredes. O acto de entrega comezará ás 20.30 horas e terá unha media hora de duración.

Esta obra alzouse con este premio, que xa vai pola súa sexta edición e na que se presentaron un maior número de propostas con respecto a anos anteriores, pola súa construción dramatúrxica rigorosa e coherente e pola súa visibilidade escénica, tal e como apuntaron os membros do xurado. Ademais, destacaron a súa aposta por un humor negro e absurdo cargado de dramatismo e ironía que debulla a realidade social.

Fernando Castro Paredes é natural de Tapia de Casariego, polo que desta maneira é o primeiro autor que gañou este galardón que non naceu en Galicia. É profesor de linguas en Cee e é un dos coordinadores da compañía de teatro escolar Tuéjele Teatro. Recibiu tres accésits do Premio Añón de Poesía e gañou o Premio de Narrativa Historias na Universidade.

Durante o acto do día 7, tamén se entregará impresa a obra gañadora da anterior edición ao seu gañador, a Marcos Abades Covelo. A premiada neste caso foi Oito epitafios por Troia que recolle unha reflexión sobre a sociedade contemporánea. Ademais, os asistentes serán obsequiados coa mesma.

No acto participarán dous alumnos da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada que lerán unha escena do texto gañador desta última edición.