(16/11/2019) Convocatoria para a provisión, con carácter temporal e a xornada de 30 horas semanais de 1 posto de persoal laboral na categoría de persoal Administrativo para as actividades formativas afd.

 O prazo de presentación de instancias remata o venres día 22 de novembro ás 14:00 h. 

O Programa Integrado de Emprego da Fundación Cultural da Estrada 2019/2020 subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e que se vai xestionar dende a Fundación Cultural A Estrada, é un programa que ten como obxectivo acadar a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego do Concello da Estrada mediante as seguintes accións:

 

a) Información, orientación e asesoramento.

b) Formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas.

c) Formación específica para o emprego.

d) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a procura de emprego, tanto por conta propia como allea.

e) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.

f) Fomento da capacidade emprendedora.

g) Prospección empresarial.

h) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.

i) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico-práctico das accións formativas.

j) Mobilidade laboral.

k) Todas aquelas accións dirixidas a incrementar as posibilidades de inserción laboral das persoas demandantes de emprego.