Obradoiro de Música moderna Carlos Barruso
Obradoiro de Música moderna Carlos Barruso - Curso 2022-2023
O obxectivo deste obradoiro é o de darlle continuidade ao labor de Carlos Barruso, como un xeito de reinvindicar o legado musical que deixou latente nos seus alumnos, moitos deles, agora titulados en grao superior de música moderna. Paralelamente, coa formación deste obradoiro tamén se pretende conseguir a formación dunha big band.
Este obradoiro conta cun plan de estudos que terá unha duración de nove meses repartidos nunha clase á semana de dúas horas de duración na que o alumnado abordará diferentes aspectos musicais. A primeira dedicarase á parte teórica onde se traballarán fundamentos harmónicos, rítmicos, melódicos, técnicos e analíticos das obras a interpretar. E na segunda hora interpretaranse as obras estudadas na primeira parte da clase en formación de combo.
Este obradoiro permanente non aceptará alumnos de nova formación, só actuará como un complemento para músicos cun certo nivel interpretativo que lles permita afrontar as partes teórica e práctica. En ningún caso se ensinará a tocar instrumentos nin se impartirán clases de iniciación.
Matrícula: -> https://forms.gle/
Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso
Duración: 9 meses
Prezo: 10€ mes
Horario: Luns e Mércores
Instrumentos: todo tipo, incluída a voz (Será imprescindible saber tocar o instrumento co que se pretende participar.)
Máis info: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
A EMAE colabora na obra de Simón Couceiro A Batalla de Matalobos
Este vindeiro domingo 14 de xullo ás 20.30 h no Campo da Festa de Matalobos, a Banda Municipal da Estrada e un grupo de actores integrado por veciños da parroquia e actores da Escola Municipal de Artes Escénicas porá en escena unha obra musical de Simón Couceiro que homenaxea á loita que emprenderon os veciños de Matalobos contra os franceses no ano 1809.
A obra estreouse con grande éxito o 24 de marzo no Palacio da ópera da Coruña coa participación da Banda de Música Municipal da Coruña e no Teatro Principal da Estrada o sábado 11 de maio.
Páxina 22 de 90