Dende a Concellería de Promoción Económica do Concello da Estrada  e o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada vaise levar a cabo a formación específica de 6 horas de duración de cursos do convenio da construcción dos sectores de :
  • Albañileria.
  • Electricidade.
  • Encofrado.

Para poder realizar estes cursos especificos é condición necesaria posuir o curso básico de 60 horas, completando así a formación neste ámbito de Prevención de riscos laborais.

Esta formación vai dirixida a desempregados do Concello da Estrada e está subvencionada pola Concelleria de Promoción Económica polo que terá un menor custe para este grupo de persoas coa finalidade de enriquecer o seu Curriculo Vitae e mellorala súa empregabilidade.

Os interesados en participar deberán anotarse nas listas de cada especialidade na Alcaldía do Concello da Estrada ou nas oficinas da Fundación Cultural ou ben chamando aos teléfonos 986570030 ou 986570997 onde se lles informará do custe e das datas de realización.

Dende a Concellería de Promoción Económica do Concello da Estrada  e o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada organizase un curso de alérxenos de 8 horas de duración sobre a adaptación ao regulamento 1169/2011 polo que dende decembro de 2014 é obrigatorio que as etiquetas alimentarias mencionen os alérxenos que se atopan nos productos.