Un ano despois de terlle concedido o premio a Santiago Cortegoso como gañador da III edición, a Fundación Cultural da Estrada, a través do Museo do Moble e da Madeira, vén de convocar o IV Premio de dramaturxia "Varela Buxán".

Dende o servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada informamos de que A Concellería de Promoción Económica coa colaboración da Asociación Enrólate presenta un curso formativo que pretende dar a formación necesaria aos emprendedores para que poidan xestionar o seu negocio e acadar os seus obxectivos empresariais con éxito.