Dende a Concellería de Promoción Económica do Concello da Estrada  e o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada organizase un curso de alérxenos de 8 horas de duración sobre a adaptación ao regulamento 1169/2011 polo que dende decembro de 2014 é obrigatorio que as etiquetas alimentarias mencionen os alérxenos que se atopan nos productos.

Os obxectivos formativos du curso son:

1.- Dar cumprimento ás necesidades formativas derivadas do Regulamento 1169/2011 obrigatorias a partir do 13 de decembro de 2014.

2.- Concienciar e formar aos traballadores sobre qué son e qué consecuencias producen os alérxenos, así como a correcta actuación para disminuir os riscos que a posible inxesta dos alérxenos por parte do consumidor poida ocasionarlle sin coñecelos.

3.- A correcta elaboración da Declaración de alérxenos, documento obrigatorio.

4.- Fomentar unha cultura de hixiene e boas prácticas (APPCC) esenciais para abordar este tema na súa globalidade.

Os contidos do Curso son os seguintes:

1.- Alerxias e intolerancias alimentarias.

2.- Nova normativa aplicable.

3.- Información ó consumidor obligatoria no establecemento.

4.- Control de alérxenos.

5.- Identificación práctica de alérxenos en productos de alimentación.

6.- Elaboración da declaración de alérxenos en establecementos minoristas de alimentos non envasados.

Está dirixido a hosteleiros, panadeiros, reposteiros e calquer empresa minorista de alimentos non envasados do noso Concello.

Os interesados en recibir esta formación deberán anotarse na Alcaldia do Concello da Estrada ou nas oficinas da Fundación Cultural ou ben chamando aos teléfonos 986570030 ou 986570997.