Aínda emocionados polo grande éxito acadado polos grupos infantís esta finde pasada, a semana que vén a EMAE segue a estrear os traballos de fin de curso. O día 23 ás 18.30 h será o Grupo Xuvenil 2 coa peza A Cincenta xa non quere comer perdices, que fai unha reflexión sobre a temática da iguladade de xénero. A obra está dirixida por Arturo Covas e Xosé Lueiro e interpretada por Carlota Torrado, Mª Cristina Rivadulla, Tegra Vidal, Saleta Lueiro, Jesús Carbia, Vanesa Agra, Adrián Quintela, Alicia Chenlo, Julián Rosende, Alba Mendoza, Laura Chamosa, Uxía Correa, Carla Cutrín, Alberte Arxibai e Noa Baloira.
 
O día 28 ás 20.30 h tomará o relevo o Grupo Xuvenil 1 poñendo en escena a peza Bang Bang, morto; unha obra centrada no tema do acoso escolar que está dirixida por Arturo Covas e Xosé Lueiro, e interpretada por Lucía Chenlo, Laura Calvelo, Giovanni Deidda, Mencía Vidal, Elena Carracedo, Carmela Reyes, Sergio Iglesias, Sergio González, Paula Barreira, Alba Vázquez, Karina Montoro, Alba Martínez.
 
Estades todos convidados.  A entrada é de balde ata completar a capacidade do teatro.

Este domingo día 10 ás 19.00 h os dous grupos infantís da Escola Municipal de Artes Escénicas soben ao escenario para realizar as súas exhibicións de fin de curso. O grupo de 6 a 8 anos porá en escena a peza Xoguetes, inspirada no libro de Mª Victoria Moreno Festa no faiado. A continuación, será o grupo de 8 a 11 anos o que poña en escena unha adaptación do conto de Xosé Lueiro El ladrón de paraguas. Dirixidos por Paula Quintas e Akira Valero, as dúas obras pertencen ao xénero de Danza-teatro, xénero onde a creación colectiva e o traballo físico son a nota predominante. 

 
O reparto da obra Xoguetes  está composto por  Roi Álvarez, Catalina Álvarez, Inés López, Marta Correa, Alessandra Illobre, Xiana Otero, Helena Miranda, Clara Rey, Estela Riera, Noa Romero, Lía Rey, Aldara Mato, Santiago Loureiro, Mario Fernández e Violeta Nuñez. Os actores da peza O ladrón de paraugas son: Lía Vázquez, Uxía Vilariño, Andrés Díaz, Marcela Torrado, Alma Diéguez, Paula López, Paula Puente, Hugo Ríos, Mariana Torrado, Clara González, Cristian Conti, Carla Penide, Borja Gorís, Sara Núñez e Lara Rey.