tequexeteldere matricula 18 19sO prazo estará aberto do 1 ao 20 de setembro.

 

Como todos os anos, as actividades ás que vos podedes anotar son baile, gaita, pandeireta, percusión e acordeón.


O custe das actividades é de 10 euros ao mes para a primeira actividade e de 7 para a segunda actividade ou segundo irmán.

 

A matrícula pódese facer a traves do seguinte enlace:

https://goo.gl/forms/jiKyinPSgE0W0z1M2

 

Se tes algunha dúbida podes poñerte en contacto con nós no telf 660136787 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Máis info en http://www.tequexeteldere.gal/

 

 

O vindeiro día 1 de agosto abrirase o prazo para reservar praza na Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada (EMAE) de cara ao novo curso 2018-2019 que dará comezo no mes de outubro.

 

As clases abranguen tres ratios de idade (infantil, xuvenil e de adultos) e permiten a inscrición de alumnos a partir dos cinco anos de idade. Para reservar praza no curso que dará comezo en outubro próximo, basta con chamar ao teléfono 986573601, en horario de oficina, ou presentarse no Departamento de Cultura do Concello da Estrada. A inscrición posterior queda sempre supeditada á dispoñibilidade de prazas.

 

A EMAE cumprirá, no vindeiro curso, o seu décimo sétimo ano de vida e, ademais de ser un xeito perfecto para iniciarse no ámbito das artes escénicas, tamén é unha ferramenta moi últil para traballar conceptos como o da mellora psicomotriz, a desinhibición, a expresión oral en público, ou aspectos como o da creatividade e o traballo en equipo.

 

Coma todos os anos, o curso comporase de oito meses de clase, cunha sesión por semana e a montaxe dun espectáculo final. Ademais, as clases, complementaranse coa organización de obradoiros e a asistencia voluntaria a distintos espectáculos teatrais. Para facilitar a súa integración na Escola, A EMAE dálles a posibilidade aos novos alumnos de poder asistir ás primeiras dúas clases do curso a modo de proba, de forma totalmente gratuíta.

 

A finais de setembro fixarase unha xuntaza de inicio de curso para facilitarlle ao alumnado o horario e todos os termos relativos á organización do novo curso.