Despois da estrea en Callobre hai sete días, a data elixida para presentar na Estrada os Contiños da Terra de D. Manuel García Barros. Unha peza escrita e dirixida por Santi Cortegoso na que participaron Chelo do Rejo, Fran Campos e Gonzalo Valcárcel e o acordeonista Juan Ruibal. Tras tres meses de ensaios, a unidade de produción da Escola Municipal de Artes Escénicas puido por fin estrear un espectáculo que gozou do beneplácito dun teatro ateigado de espectadores. Unha proposta que aúna drama e comedia e que homenaxea á memoria e aos nosos maiores. Noraboa Santi, noraboa Chelo, noraboa Fran e Gonzalo! Grazas por emocionarnos e sentirnos orgullosos desta nosa benquerida escola de teatro!

 

 

 

 

(12-04-2019) Resultados finais do concurso-oposición do proceso selectivo para a provisión dos postos de traballo de mestras/es para impartir os módulos formativos das especialidades da programación AFD 2018-19 IFCT0309 MONTAXE E REPARACIÓN DE SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS (2018/002863).