O xurado da segunda edición do certame Mome de Teatro Varela Buxán outorgou o 8 de xuño o premio ao escritor e dramaturgo Xosé Lois García Fernández (Lugo, 1945) pola súa obra A cerna. A convocatoria contou coa participación de once orixinais, un número que o xerente do Mome e secretario do xurado, Xosé Lúa, considera importante « porque quen se presenta ten que escribir especificamente para este premio, xa que nas súas bases márcase o tema da madeira». García, que reside entre Barcelona onde se trasladou aos 20 anos e en cuxa universidade estudou Filosofía e Letras e Chantada, municipio onde se criou, conta con máis de corenta obras literarias no seu haber.

O xurado do premio, integrado pola profesora Rocío Calviño Cerviño, o profesor e escritor Olimpio Arca Caldas, e o escritor Heitor Picallo Fontes con Luna como secretario, con voz pero sen voto, destacou na peza o amplo e preciso emprego do léxico e de estruturas sintácticas singulares. Luna destacou que, con máis de 90 folios, «quedará como unha obra teatral con moito pouso», destacando do mesmo xeito que o edil Juan Constenla a importancia para o premio e para A Estrada de que o galardón recaia nun autor da traxectoria de García.

O mércores 13 de xuño ás 20:00h no MOME – Susana Mosquera Martín (Psicóloga. Experta en xestión de Persoal. Master en Xestión e Comunicación da RSE)