Distintos órganos e institucións están a realizar programas específicos de apoio ás empresas galegas para favorecer o crecemento económico a través da formación, innovación, colaboración, internacionalización e tamén en reorientación empresarial.

Dende a realidade dun contorno económico complicado, resulta cada vez máis difícil manter un ámbito local propicio ao crecemento empresarial e á creación de emprego. Dende o Concello da Estrada queremos apostar por un traballo conxunto entre todos os entes interesados no progreso e evolución empresarial, como son as administracións, as cámaras de comercio, as asociacións, as empresas, etc.