O servizo de Axente de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural A Estrada  infórmalle que a Xunta de Galicia, a través de AGADER, ven de publicar unha orde de axudas destinada ás empresas de menos de 10 empregados ou autónomos dos principais sectores de transformación e comercialización de produtos do rural para implantar as novas tecnoloxías no seu modelo de negocio.

Entre os proxectos subvencionables atópanse a instalación de hardware de servidor,  comunicacións e de seguridade na rede de datos local, así como, software específico para o traballo en rede, facturación, contabilidade, deseño específico, e-comercio, ...

A porcentaxe da axuda será de ata un 50% do investimento realizado cun máximo de 30.000€ por beneficiario. O prazo para solicitar a subvención remata o vindeiro 21 de setembro.

Para máis información pode consultar ás bases completas no DOG (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120820/AnuncioO90-090812-0001_gl.html) ou na páxina web de AGADER: http://agader.xunta.es/Axudas_Agader.do

Distintos órganos e institucións están a realizar programas específicos de apoio ás empresas galegas para favorecer o crecemento económico a través da formación, innovación, colaboración, internacionalización e tamén en reorientación empresarial.