A presente disposición ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convoca-la concesión,para o ano 2012 das Axudas Municipais para o Fomento da Creación de Empresas no ámbito do Concello da Estrada. Este programa de axudas da Concellería de Promocion Económica ten a finalidade de colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no Concello da Estrada apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais.

Prazo de presentación: Dende a súa publicación no BOP ata o 31 de outubro de 2012.

    * Descargar Bases

    * Descargar Anexos

O servizo de Axente de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural A Estrada  infórmalle que a Xunta de Galicia, a través de AGADER, ven de publicar unha orde de axudas destinada ás empresas de menos de 10 empregados ou autónomos dos principais sectores de transformación e comercialización de produtos do rural para implantar as novas tecnoloxías no seu modelo de negocio.

Entre os proxectos subvencionables atópanse a instalación de hardware de servidor,  comunicacións e de seguridade na rede de datos local, así como, software específico para o traballo en rede, facturación, contabilidade, deseño específico, e-comercio, ...

A porcentaxe da axuda será de ata un 50% do investimento realizado cun máximo de 30.000€ por beneficiario. O prazo para solicitar a subvención remata o vindeiro 21 de setembro.

Para máis información pode consultar ás bases completas no DOG (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120820/AnuncioO90-090812-0001_gl.html) ou na páxina web de AGADER: http://agader.xunta.es/Axudas_Agader.do