O vindeiro día 1 de agosto abrirase o prazo para reservar praza na Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada (EMAE) de cara ao novo curso 2018-2019 que dará comezo no mes de outubro.

 

As clases abranguen tres ratios de idade (infantil, xuvenil e de adultos) e permiten a inscrición de alumnos a partir dos cinco anos de idade. Para reservar praza no curso que dará comezo en outubro próximo, basta con chamar ao teléfono 986573601, en horario de oficina, ou presentarse no Departamento de Cultura do Concello da Estrada. A inscrición posterior queda sempre supeditada á dispoñibilidade de prazas.

 

A EMAE cumprirá, no vindeiro curso, o seu décimo sétimo ano de vida e, ademais de ser un xeito perfecto para iniciarse no ámbito das artes escénicas, tamén é unha ferramenta moi últil para traballar conceptos como o da mellora psicomotriz, a desinhibición, a expresión oral en público, ou aspectos como o da creatividade e o traballo en equipo.

 

Coma todos os anos, o curso comporase de oito meses de clase, cunha sesión por semana e a montaxe dun espectáculo final. Ademais, as clases, complementaranse coa organización de obradoiros e a asistencia voluntaria a distintos espectáculos teatrais. Para facilitar a súa integración na Escola, A EMAE dálles a posibilidade aos novos alumnos de poder asistir ás primeiras dúas clases do curso a modo de proba, de forma totalmente gratuíta.

 

A finais de setembro fixarase unha xuntaza de inicio de curso para facilitarlle ao alumnado o horario e todos os termos relativos á organización do novo curso.

 

 

 

A súa actuación encádrase no certame que organiza a localidade mallorquina de Alcúdia. Levará oito pezas de baile, gaita e pandeireta, con varios temas do trinque.

Fuxindo do mal tempo e penetrándose nas altas temperaturas de Mallorca, o grupo folclórico Tequexetéldere voará por vez primeira este xoves 19 á localidade amurallada de Alcúdia, situada ao norte da illa mallorquina. A agrupación, que conta con trinta anos de historia, representará o seu concello, pero tamén á cultura galega, na Mostra Folclórica que se celebrará con motivo das festas de Sant Jaume e para conmemorar o aniversario de Sarau Alcudienc, o grupo que organiza o encontro.

Xa desde o ano pasado, Tequexetéldere contaba co convide a Alcúdia e, ao longo deste ano, a formación estivo a preparar un repertorio de oito pezas de baile, gaita e pandeireta. Os temas escollidos deberán cubrir os corenta minutos programados para a súa actuación. Estas pezas foron recollidas en moitas partes de Galicia e dúas delas, e a xota e a muiñeira de Lagartóns, simbolizan o concello da Estrada.

Despois de actuar, como xa é habitual, na Rapa das Bestas de 2018, a fomación estivo recuperando enerxía para viaxar á localidade de Alcúdia, unha cita que se prolongará desde este xoves ata o sábado. Mentres o venres terán un encontro oficial co alcalde, a actuación será a noite do sábado e terá como peza de partida a súa tradicional Xota de Lagartóns.

Noticia do Faro de Vigo.

 

 

 

O sábado 7 de xullo ás 18:30 horas no curro.

cartaz rapasons 2018

tequexeteldere matricula 18 19

Se non queres quedar sen praza para o vindeiro curso das escolas de Tequexetéldere, podes facer unha reserva de praza para os cursos que darán comezo no mes de outubro.

 

O prazo estará aberto do 15 ao 30 de xuño.

 

Como todos os anos, as actividades as que vos podedes anotar son baile, gaita, pandeireta, percusión e acordeón.


O custe das actividades é de 10 euros ao mes para a primeira actividade e de 7 para a segunda actividade ou segundo irmán.

 

A matrícula pódese facer a traves do seguinte enlace:

https://goo.gl/forms/jiKyinPSgE0W0z1M2

 

Se tes algunha dúbida podes poñerte en contacto con nós no telf 660 136 787 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

O mércores 20 de xuño das 10:00 ás 13:00 horas. Inscricións no 986 57 09 97 ou no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

charla eusumo2018