Desde o servizo de Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada informamos que o próximo mes de xullo a Cámara de Comercio de Vilagarcía organizará na Estrada a Feira do Coñecemento en colaboración co Concello dá Estrada, a Fundación Cultural, a Asociación de Empresario ACE e a Fundación de Exposicións e Congresos.

Que é a Feira do Coñecemento?

O Programa Innovación e Transferencia do Coñecemento, “Feira do Coñecemento” comeza a súa execución no ano 2010 e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (en diante FSE), o Ministerio de Ciencia e Innovación, eventualmente o Ministerio de Educación, o Consello Superior de Cámaras e a Cámara de Vilagarcía de Arousa.

O seu obxectivo fundamental é favorecer a transmisión de coñecemento entre as empresas e os provedores do mesmo (universidades, centros de investigación, Centros de Formación Profesional, etc.) co fin de xerar aplicacións e utilidades concretas que favorezan a competitividade do sector privado, en particular, as pequenas e medianas empresas.

Que pretende?

- Axudar ás pemes a desenvolver proxectos de innovación estratéxica

- Orientar o seu contido a obter resultados de negocio

- Facilitar a relación directa entre as empresas e os centros de coñecemento para obter o máximo beneficio entre ambos.

Cando?

O desenvolvemento do programa realizarase a través de 3 xornadas GRATUÍTAS que terán lugar os días 4, 11 e 18 de xullo.

Onde?

As xornadas terán lugar no Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME), sito na Avenida Benito Vigo, 92 Baixo.

Descargar máis información

Descargar ficha de inscrición

Ábrese o plazo de inclusión no Viveiro de empresas ubicado na Fundación de Exposiciones e Congresos da Estrada.

vivero2013

    * Descargar bases

    * Descargar modelo