Dende a aula de Formación da Fundación Cultural da rede CEMIT, o  Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local e o servizo de Orientación Laboral do Concello da Estrada levarase a cabo o programa de actuacións de inclusión dixital: CONSTRUE O TEU CAMIÑO CARA O EMPREGO UTILIZANDO AS NOVAS TECNOLOXÍAS. EMPREGO 2.0, impartido por videoconferencia.

Dende o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada informamos que haberá unhas charlas informativas sobre a solicitude do proceso de avaliación e acreditación das competencias profesionais, que remata o prazo o vindeiro o 21 de febreiro de 2014.