Dende o servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada informamos de que A Concellería de Promoción Económica coa colaboración da Asociación Enrólate presenta un curso formativo que pretende dar a formación necesaria aos emprendedores para que poidan xestionar o seu negocio e acadar os seus obxectivos empresariais con éxito.

Dende a aula da rede Eusumo da Fundación Cultural da Estrada e a a Concellería de Desenvolvemento Rural e actividade agrogandeira  e a Concellería de Promoción económica do Concello da Estrada,  levaráse a cabo un OBRADOIRO DE EMPRENDEMENTO COOPERATIVO NO MEDIO RURAL: OPORTUNIDADES DE NEGOCIO, impartido por AGACA en colaboración coa Consellería de Traballo.