cartel definitivo educ cooperatDende a aula da rede Eusumo da Fundación Cultural da Estrada e a Concellería de Educación do Concello da Estrada,  levarase a cabo o  Curso de Formación EDUCAR EN COOPERATIVISMO, impartido por UCETAG en colaboración coa Consellería de Traballo. Consta de 20 horas de formación: 16 horas presenciais e 4 de prácticas. Terá lugar os días 12,13,19 e 20 de maio de 2015 de 16:30 a 20:30 h na aula da Fundación Cultural de A Estrada, sita na segunda planta do Edificio de Usos Múltiples (Av. Benito Vigo, 104, 2º A Estrada)

  • DIRIXIDO A:

Profesionais da educación, do ensino, a educación social, o tempo libre e outros ámbitos

  • OBXECTIVOS:
    • Presentar metodoloxías e recursos para transmitir os valores cooperativos a rapaces e rapazas de 6 a 16 anos.
    • Reforzar as competencias educativas na transmisión do cooperativismo.
    • Orientación ao autoemprego cooperativo como alternativa laboral.
  • METODOLOXIA:

Traballo práctico con unidades didácticas para as distintas idades.

  • INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:

986866149 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

986570997 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

ACTIVIDADE GRATUITA

 

 

Dende a Concellería de Promoción Económica do Concello da Estrada  e o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada vaise levar a cabo a formación específica de 6 horas de duración de cursos do convenio da construcción dos sectores de :
  • Albañileria.
  • Electricidade.
  • Encofrado.

Para poder realizar estes cursos especificos é condición necesaria posuir o curso básico de 60 horas, completando así a formación neste ámbito de Prevención de riscos laborais.

Esta formación vai dirixida a desempregados do Concello da Estrada e está subvencionada pola Concelleria de Promoción Económica polo que terá un menor custe para este grupo de persoas coa finalidade de enriquecer o seu Curriculo Vitae e mellorala súa empregabilidade.

Os interesados en participar deberán anotarse nas listas de cada especialidade na Alcaldía do Concello da Estrada ou nas oficinas da Fundación Cultural ou ben chamando aos teléfonos 986570030 ou 986570997 onde se lles informará do custe e das datas de realización.