A semana pasada expirou o prazo para presentar as obras do sexto Premio de Teatro Varela Buxán, premio que está coorganizado pola Fundación Cultural e pola Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada (EMAE). Presentáronse un total de 14 exemplares, catro máis que na anterior edición.


Os membros do xurado encargaranse estas semanas de ler os orixinais e tras a deliberación, está previsto que a principios de decembro se comunique o nome do gañador. O xurado está formado polos dramaturgos Santiago Cortegoso, que ocupa ademais o cargo de presidente, Eduardo Alonso e Ana María Carreira.

O premio terá unha dotación económica de 1.200 euros que se outorgarán indivisiblemente nun único premio, e o gañador recibirá tamén un diploma acreditativo. O galardón entregarase nun acto público a celebrar durante o mes de xaneiro.

Os obxectivos deste premio son poñer en valor a actividade dramaturxia como referente na vida cultural estradense e galega, perseverar no cultivo da lingua galega como sinal de identificación e diferenciación de Galicia e principal patrimonio cultural e contribuír á difusión da nova dramaturxia galega e á divulgación da vida e obra do dramaturgo estradense Manuel Daniel Varela Buxán, o Patriarca do Teatro Galego.

 

- Especialidade formativa (IFCT0109) Seguridade Informática. 518 horas. 

Descargar información

As persoas interesadas deben anotarse na Oficina de Emprego.