A Estrada Activa III contará con 85 participantes e ten como obxectivo 26 insercións laborais
O proceso de selección comeza o día 11.
A Fundación Cultural A Estrada vai xestionar o Programa Integrado de Emprego A Estrada Activa III, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. É un programa que ten como obxectivo acadar a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego do Concello da Estrada. O número de participantes do programa integrado é de 85 persoas pertencentes ao colectivo de Persoas desempregadas de longa duración.
O programa A Estrada Activa III contempla un obxectivo de inserción dun 31%, que corresponde a 26 insercións laborais que se levarán a cabo durante 12 meses, dende hoxe, día 1, ata o 30 de novembro de 2018. Este programa levará a cabo diversas accións: aportará información, orientación e asesoramento; formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas; técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a procura de emprego, tanto por conta propia como allea; habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista; fomento da capacidade emprendedora; prospección empresarial; emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes; prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico-práctico das accións formativas; mobilidade laboral e todas aquelas accións dirixidas a incrementar as posibilidades de inserción laboral das persoas demandantes de emprego.
Para poder participar neste programa é requisito imprescindible estar inscrito como demandante de emprego no Servizo Galego de Colocación e anotarse para programas experimentais. O proceso de selección empezará o día 11. As persoas interesadas en obter máis información sobre este programa, poden solicitala a través do teléfono 986 570 997 ou directamente no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural de A Estrada, sito na Avenida Benito Vigo, número 94, baixo.
Experiencia nestas iniciativas
A Fundación Cultural A Estrada xa xestionou nos últimos dous anos Programas Integrados de Emprego con 60 persoas no que se acadaron as seguintes insercións:
__PIE A Estrada Activa I 2015-2016, incorporación ao mercado laboral de 44 persoas das cales 36 cumpriron no período do plan polo menos tres meses de alta na Seguridade Social.
__PIE A Estrada Activa II 2016-2017, incorporación ao mercado laboral de 51 persoas das cales 32 cumpriron, polo menos, tres meses de alta na Seguridade Social neste período.
Tequexetéldere imparte cursos de baile tradicional para alumnos dos institutos da Estrada
A agrupación Tequexetéldere puxo en marcha nos institutos da Estrada as clases de baile tradicional, unha actividade que veu cultivando un importante éxito e que se impulsa nos centros educativos por cuarto ano consecutivo. Estas sesións continuarán nos tres IES públicos ata finais de ano, contando co apoio dos equipos directivos e do seminario de Educación Física.
https://www.instagram.com/p/Bbc7T1oDtn2/
Páxina 57 de 90