Convocatoria para a contratación, con carácter temporal e a xornada completa de dous postos de persoal laboral na categoría de técnico/a de orientación laboral/prospección de empresas; no ámbito de desenvolvemento das accións do programa integrado para o emprego “A Estrada Activa III”.

* O último día para presentar a documentación será o venres 5 de xaneiro de 2018 ás 15:00 horas.

Descargar bases.

 

 

 

 

 

Tras pouco máis de media hora de deliberación, o xurado do VI Premio de Textos Teatrais Varela Buxán, formado polos dramaturgos e directores teatrais Santiago Cortegoso, Ana Carreira e Eduardo Alonso, acordou, por unanimidade, conceder o premio ao escritor Fernando Castro Paredes pola obra Pallaso. Natural de Tapia de Casariego (Asturias), exerce a docencia no IES Fernando Blanco de Cee (A Coruña) onde imparte clases de lingua castelá.

O autor premiado é tamén un dos coordinadores de Tuéjele Teatro, un grupo de teatro escolar con cinco anos de andadura que desenvolve a súa actividade por diferentes puntos da Costa da Morte. Participou en talleres de dramaturxia impartidos por Ignacio Apolo, Ariel Barchilón e María Inés Falconi, organizados polo Centro Latinoamericano de Creación e Investigación Teatral. Recibiu tres accésits do Premio Francisco Añón de Poesía e foi galardonado co I Premio de Narrativa Historias na Universidade.

A finais de xaneiro, e organizado pola EMAE, terá lugar o acto  de entrega no Teatro Principal da Estrada durante o que se dará lectura a un fragmento da obra gañadora.