O Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada convoca para o vindeiro mércores, día 17, unha charla informativa sobre o Proceso de recoñecemento e acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en Galicia. Será ás 20.00 horas no Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME).

O obxectivo da acreditación de competencias é avaliar e acreditar as competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación. Durante esa xornada abordaranse as seguintes unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais: Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, servizos para o control de pragas, xestión de servizos para o control de organismos nocivos, socorrismo en espazos acuáticos naturais, administración e xestión, agraria, edificación e obra civil, fabricación mecánica, hostalería e turismo, imaxe e son, socorrismo en instalacións acuáticas, extinción de incendios e salvamento, tanatopraxia, operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a contixencias no medio natural e rural, confección e mantemento de artes e aparellos, comercio e mercadotecnia, imaxe persoal, enerxía e auga, electricidade e electrónica, industrias alimentarias,  informática e comunicacións, instalacións e mantemento, química, sanidade, servizos socioculturais e á comunidade, transporte e mantemento de vehículos e madeira, moble e cortiza.

Nos vindeiros días o Servizo de Emprego habilitará unha aula de formación con equipamento informático e asesoramento individualizado para realizar a prescrición neste procedemento.

As persoas que desexen anotarse poden chamar ao 986 570 997 ou enviar un correo cos datos de contacto ao e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

 

 

(29/12/2017) - Resultado final do proceso selectivo para a contratación de un Axente de Desenvolvemento Local para a Fundación Cultural A Estrada.