É unha iniciativa en conxunto co Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural.

O Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada xunto a Radio Estrada porán en marcha un proxecto consistente na emisión dun espazo dedicado ao emprego e orientado a tratar diversos temas relacionados coa busca de traballo como a configuración do currículo, as entrevistas de selección…entre outros. É unha iniciativa que ten como obxectivo facilitar a empregabilidade dos cidadáns que estean inmersos na busca activa de emprego ou daqueles que queiran cambiar de posto de traballo.

Durante o programa aportaranse ferramentas que poidan ser útiles de maneira xeneralizada e empregarase unha linguaxe sinxela e accesible a todos os oíntes. Ademais, o programa contará coa intervención puntual de persoas expertas en diferentes ámbitos relacionados con esta materia e que achegarán o seu punto de vista. Así mesmo, un dos aspectos máis interesantes desta iniciativa é que calquera  oínte poderá participar deixando as súas dúbidas ou comentarios no número de Whatsapp 644 165 966 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

O horario deste espazo radiofónico será cada mércores, a partir do día 7 de febreiro, de entre 11.15  a 11.30 horas dentro do programa A Galería no 107.7FM e tamén poderán seguilo en directo a través de  web www.radioestrada.com

 

 

 

O Concello traballa no novo plan de emprego e na posta en marcha de diversos obradoiros laborais.

pie2Por terceiro ano consecutivo, a Fundación Cultural A Estrada está xestionando o Programa Integrado de Emprego A Estrada Activa III, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. É un programa que ten como obxectivo acadar a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego do municipio. O número de participantes do programa integrado é de 85 persoas pertencentes ao colectivo de Persoas desempregadas de longa duración. Esta iniciativa arrancou o pasado 1 de decembro e prologarase ata o 30 de novembro deste ano. Esta mañá Carlos Andújar da Fundación Cultural A Estrada, o alcalde estradense, José López, e o concelleiro de Promoción Económica, Comercio e Emprego, Óscar Durán, recibiron no Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME) aos 85 seleccionados que se beneficiarán deste programa. A selección comezou o 11 de decembro e presentáronse un total de 170 aspirantes.