curso 2018 1A segunda edición do curso de acompañante de transporte e comedor escolar, organizado polo Concello da Estrada, comezou nas instalacións da Fundación Cultural da Estrada. No curso participan 20 persoas, todas empadronadas no municipio estradense.

A formación está dirixida a persoas en situación de desemprego da Estrada e forma parte das accións enmarcadas dentro do plan de formación propio do Concello para o 2018, sendo unha das suxestións de cursos máis demandadas polos estradenses.

 

Este curso, ademais da formación para capacitar ao alumnado para exercer as profesións de acompañante de transporte e comedor escolar, permitiralle obter o certificado de manipulador de alimentos. As clases, impartidas pola consultora Sinerxia, serán de carácter presencial, cunha duración total de 16 horas, divididas en catro sesións.