Dende a aula da rede Eusumo da Fundación Cultural da Estrada e a a Concellería de Desenvolvemento Rural e actividade agrogandeira  e a Concellería de Promoción económica do Concello da Estrada,  levaráse a cabo un OBRADOIRO DE EMPRENDEMENTO COOPERATIVO NO MEDIO RURAL: OPORTUNIDADES DE NEGOCIO, impartido por AGACA en colaboración coa Consellería de Traballo.

Está dirixido a novos emprendedores no rural, aberto a todos os interesados, especialmente mozos e mulleres que vexan no medio rural unha oportunidade de emprego, axudandolles a madurar a idea que teñan, poñendolle exemplos de casos de éxito, elaborando un plan de empresa e informandolle de axudas públicas para poñer en marcha o seu proxecto empresarial.

Impartiránse 7 sesións nas seguintes datas e horarios:

1ªsesión: Luns 15 de setembro, de 16:00 a 19:00 h.:

¿Por que emprender? Importancia económica e social do emprendedor.

2ª sesión: Martes 16 de setembro, de 16:00 a 19:00 h.:

Xeración e maduración de ideas para un proxecto emprendedor no medio rural. Estratexias para levar adiante as súas ideas con éxito.

3ª sesión: Mércores 17 de setembro, de 16:00 a 19:00h.:

Marketing: A diferenciación dos productos e servicios de cara á mellora da súa comercialización.

4ª sesión: Xoves 18 de setembro, de 16:00 a 19:00h.:

Experiencias e casos de éxito de emprendemento no medio rural.

5ª sesión: Luns 22 de setembro, de 16:00 a 19:00h.:

Elaboración dun plan emprendedor, viabilidade do proxecto: persoal, técnica, financieira e previsión de resultados.

6ª sesión: Martes 23 de setembro, de 16:00 a 19:00h.:

Apoios e axudas públicas. Posibles apoios iniciais para a posta en marcha do proxecto emprendedor. Guia de recursos locais.

7ª sesión: Mércores 24 de setembro, de 16:00 a 19:00 h.:

A fórmula cooperativa como modelo de emprendemento e posta en marcha do proxecto.

A inscrición neste obradoiro é gratuita e pódese facer

FUNDACIÓN CULTURAL A ESTRADA (Tlfo.: 986 570 997), CONCELLO DA ESTRADA (Tlfo.: 986 570 030) ou ben AGACA (Tlfo.: 981 584 783)

    * Descargar cartel.
    * Descargar diptico.