Dende o servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada informamos de que A Concellería de Promoción Económica coa colaboración da Asociación Enrólate presenta un curso formativo que pretende dar a formación necesaria aos emprendedores para que poidan xestionar o seu negocio e acadar os seus obxectivos empresariais con éxito.

    * Dirixido a: Emprendedores ou calquera persoa que teña inquietudes  de mellorar os seus coñecementos  en Análise de Empresas.
    * Obxectivos do curso: Obter unha base sólida para poder diferenciar e controlar os gastos, calcular e establecer correctamente o prezo de venda dos seus produtos co marxe correspondente.
    * Contidos:
          o Análise dun balance.
          o Fondo de manobra.
          o Perdas e ganancias.
          o Financiamento: clientes e provedores.
          o Custos variables e custos fixos.
          o Punto morto.
    * Número de alumnos: 15
    * Duración: 15 horas
    * Data: Do un ao catro de setembro do 2014.
    * Lugar: Aula de usos múltiples da Fundación Cultural da Estrada.
    * Horario:  De luns a xoves de 9:00h. a 13:00 h..
    * Impartición do Curso: Oscar Rey Iglesias
    * Custo do curso: Este curso está subvencionado nun 50%  pola Área de Promoción Económica do Concello da Estrada. O custo para os participantes será de 25 €.
    * A selección realizarase por rigoroso orden de inscrición.  Calquera  persoa interesada deberá dirixirse ao Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural, en Avda. Benito Vigo nº 102, 2º andar, en horario de oito e cuarto a dúas e cuarto. O prazo de inscrición remata o vindeiro xoves 28 de agosto de dous mil catorce.

Dada a importancia da formación para acadar os obxectivos empresariais que se plantexan á hora de montar un negocio, a Concellería de Promoción Económica subvencionará outro curso de formación, Taller: Como levar a xestión do meu negocio, que se realizará neste ano 2014 e a xestión empresarial.