A Fundación Cultural da Estrada impartirá dentro das accións formativas dirixidas fundamentalmente a persoas desempregadas para o ano 2016  o certificado de profesionalidade CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS (ADGD0210) con 520 horas de duración, dende o 4 de xullo  ata o 9 de novembro,que consta dos seguintes módulos:

-          MF1788_3 Planificación e iniciativa emprendedora en pequenos negocios ou microempresas (120 h.)

-          MF1789_3 Dirección da actividade empresarial de pequenos negocios ou microempresas (90 h.)

-          MF1790_3 Comercialización de produtos e servizos en pequenos negocios ou microempresas (90 h. )

-          MF1791_3 Xestión administrativa e económico-financeira de pequenos negocios ou microempresas (120 h.)

-          MF1792_2 Xestión da prevención de riscos laborais en pequenos negocios (60 h.)

-          MP0385: Módulo de prácticas profesionais non laborais (40 h.)

Cada certificado de profesionalidade acredita unha cualificación profesional do CNCP. Os módulos formativos do certificado de profesionalidade son os do Catálogo Modular de Formación Profesional.

Posuír  un certificado de profesionalidade supón, sen dúbida, incrementar substancialmente o teu currículum profesional, xa que, ao ser un documento oficial, acredítache profesionalmente ante a empresa privada e o mercado de traballo.No ámbito profesional o alumno/a estará capacitado/a para desenvolver a súa actividade profesional por conta propia, ben como traballador autónomo ou formando parte dunha sociedade, en pequenos negocios ou microempresas, emprendendo e implantando novas áreas de negocio no desenvolvemento da súa actividade,podendo desempeñar as funcións que a lexislación vixente establece en materia de prevención de riscos laborais. Así mesmo, pode desempeñar o seu traballo por conta allea en xestorías e asesorías realizando funcións de asesoramento e xestión administrativa, financeira e laboral de pequenos negocios ou microempresas.

Para acceder a eles tan só é necesario  estar inscrito no SEPE como demandante de emprego, achegarse á oficina de emprego e indicar que está interesado en realizar a acción formativa “Creación e Xestión de Microempresas” e superar un proceso de selección.

Para acceder á formación dos módulos formativos dos certificados de profesionalidade do nivel de cualificación profesional 3, que é o caso exposto, as persoas aspirantes deberán cumprir algún dos requisitos seguintes: a) Estar en posesión do título de bacharelato. b) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade a que desexa acceder. c) Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional. d) Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas. e) Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos. f) Ter o certificado de apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de nivel 3 de cualificación correspondente, a través da superación das probas de avaliación en competencias clave convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar. Estarán exentas da realización destas probas as persoas que superasen con avaliación positiva accións formativas correspondentes a competencias clave que figuren no arquivo de especialidades formativas do Servizo de Emprego Público Estatal.

Para calquer dúbida poden achegarse polas oficinas da Fundación Cultural da Estrada sitas en Avda. Benito Vigo nº 94 segundo andar ou chamar ao 986570997 de luns a venres en horario de nove a dúas.