Dende a aula da rede Eusumo da Fundación Cultural da Estrada e a Concellería de Educación do Concello da Estrada, levarase a cabo o Curso de Formación EDUCAR EN COOPERATIVISMO, impartido por UCETAG en colaboración coa Consellería de Traballo. Consta de 20 horas de formación: 16 horas presenciais e 4 de prácticas. Terá lugar os días 12,13,19 e 20 de maio de 2015 de 16:30 a 20:30 h na aula da Fundación Cultural de A Estrada, sita na segunda planta do Edificio de Usos Múltiples (Av. Benito Vigo, 104, 2º A Estrada)
- DIRIXIDO A:
Profesionais da educación, do ensino, a educación social, o tempo libre e outros ámbitos
- OBXECTIVOS:
- Presentar metodoloxías e recursos para transmitir os valores cooperativos a rapaces e rapazas de 6 a 16 anos.
- Reforzar as competencias educativas na transmisión do cooperativismo.
- Orientación ao autoemprego cooperativo como alternativa laboral.
- METODOLOXIA:
Traballo práctico con unidades didácticas para as distintas idades.
- INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:
986866149 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
986570997 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
ACTIVIDADE GRATUITA