Dende o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada, o Orientador Laboral do Concello e a Asociación Enrólate informamos que está aberto o prazo para inscribirse no proceso de avaliación e acreditación das competencias profesionais. O prazo de solicitude remata o 6 de febreiro de 2015, polo que dende a Fundación vamos a dispoñer dunha aula con ordenadores os días martes 27 e xoves 29 de xaneiro, pola mañá de 9:00h a 14:00h e pola tarde de 16:30 a 20:00 h para que os interesados en matricularse na acreditación de competencias poidan facelo dende aqui. Deberán traer unha vida laboral e os contratos ou certificados de empresa que acrediten a experiencia laboral que posuen.

Os requisitos para poder facer a solicitude de avaliacion de competencias son os seguintes:

- Para as unidades de competencia de nivel I hai que ter 18 anos cumplidos e 2 anos de experiencia laboral cun mínimo de 1200 horas traballadas ou 200 horas de formación nos últimos 10 anos.

- Para as unidades de de competencia de nivel II ou III hai que ter 20 anos cumplidos e 3 anos de experiencia laboral cun minimo de 2000 horas traballadas ou 300 horas de formación nos últimos 10 anos.

As principais familias profesionais para as que se realiza esta convocatoria son:

    * Administración e xestión
    * Artes graficas
    * Agraria
    * Electricidade e electrónica
    * Edificación e obra civil
    * Fabricación mecánica
    * Hosteleria e turismo
    * imaxe persoal
    * Industrias alimentarias
    * Informática e comunicacións
    * Instalación e mantemento
    * Madeira , moble e cortiza.
    * Quimica
    * Sanidade
    * Servizos socioculturais e á comunidade
    * Transporte e mantemento de vehiculos

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.
A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as compentencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.
As unidades de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, e fai posible a transformación dos datos procedentes da súa actividade profesional e das aprendizaxes non formais en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo.
A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes.

Deste xeito as persoas que teñen experiencia laboral ou formación non acreditada poden chegar a acadar dunha forma sinxela parte dun título de formación profesional que lle facilitará a inserción ou continuidade no mercado laboral.

Para máis información ou inscribirse para eses días poden chamar ao telefono 986570997 en horario de 8h a 15h ou mandar un mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.