Distintos órganos e institucións están a realizar programas específicos de apoio ás empresas galegas para favorecer o crecemento económico a través da formación, innovación, colaboración, internacionalización e tamén en reorientación empresarial.

Dende o Concello da Estrada queremos que o empresario estradense dispoña de toda a información que lle poida resultar útil, e así intentar axudar a que a súa empresa supere novos retos traballando en colaboración coas administracións públicas, cámaras de comercio, asociacións, etc.

Neste senso, a Área de Promoción Económica do Concello da Estrada quere nesta segunda xornada de estimulación empresarial achegar ao noso concello algunhas entidades que dispoñen de estas liñas de apoio.

Por ese motivo quero convidal@ persoalmente á esta segunda xornada que terá lugar o vindeiro

XOVES 5 DE XULLO ÁS 2000 h no MOME (Museo do Moble e da Madeira da Estrada), sito na Avenida Benito Vigo, 92 (baixo reserva de modificación por motivos de capacidade).

Poderá ver o programa detallado da xornada no arquivo que lle achegamos.

Agradeceriámoslle que nos confirmase a súa asistencia, por unha cuestión de aforo, ao teléfono 986.57.09.97 ou enviando a ficha de inscrición debidamente cuberta ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla .

Agardando a súa presenza, saúdao cordialmente,

José Carlos López Campos

Alcalde

Descargar ficha de inscrición.

Descargar tríptico.