Con motivo do Día Mundial de Internet, o vindeiro 17 de maio, A Rede Cemit organiza dous cursos do catálogo de formación relacionados con Internet, que no Concello da Estrada serán impartidos pola Fundación Cultural da Estrada.

                -Opera co teu banco

Días: 9, 10 de maio de 9:00 h. a 10:30 horas. Duración total: 3 h.

Obxectivos:

- Recoñecer as vantaxes que ofrece a banca pola Internet.

- Identificar un sitio seguro para realizar as transaccións económicas oportunas.

- Coñecer, localizar e pór en práctica os principais servizos que ofrecen asentidades bancarias a través da Internet.

Contidos:

- Que é a banca pola Internet?

- Como operar de forma segura pola Internet

- Vantaxes da banca pola Internet

- Utiliza a banca pola Internet

- Que entidades operan na rexión?

 Colectivo destinatario: cidadanía en xeral que cumpra os seguintes requisitos:

- Utilizar a nivel básico (mínimo) un navegador da Internet.

- Dispor dunha conta de correo electrónico e ser quen de ler e responder mensaxes.

 

                -Organización de viaxes

Días: 14, 15, 16 de maio de 9:00 a 10:30 horas. Duración total: 4 h. 30 min.

Obxectivos:

- Localizar, a través da Internet, información para preparar unha viaxe.

- Coñecer as posibilidades de reserva e de pagamento (transporte e aloxamentos) a través da Internet.

- Crear e compartir mapas e rutas personalizadas.

- Compartir información posterior á viaxe (fotografías e vídeos).

Contidos:

- Preparación dunha viaxe

- Reserva de aloxamentos e compra de billetes de transporte na Internet

- Planificar rutas por estrada

- Elaborar itinerarios en Google Maps

- Despois da viaxe: espazos para compartir fotografía e vídeo

 Colectivo destinatario: cidadanía en xeral que cumpra os seguintes requisitos:

- Utilizar a nivel básico (mínimo) un navegador da Internet.

Para inscribirse:

-Os usuarios dados de alta na plataforma Cemit deberán facer a inscrición mediante a plataforma.

-Os novos usuarios podense apuntar na Fundación Cultural da Estrada, Avda. Benito Vigo 104, 2º andar, 36680 A Estrada.