Dende o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada informamos que haberá unhas charlas informativas sobre a solicitude do proceso de avaliación e acreditación das competencias profesionais, que remata o prazo o vindeiro o 21 de febreiro de 2014.

As charlas serán o venres 14 de febreiro, na aula da segunda planta do Edificio de Usos Múltiples do Concello de A Estrada, sito na Avenida Benito Vigo, nº 94, en horario de 19:30 a 20:30 horas.

Para máis información poñerse en contacto coa AEDL nos teléfonos: 986570997.

As principais familias profesionais para as que se realiza esta convocatoria son:

    * Administración e xestión
    * Artes gráficas
    * Electricidade e electrónica
    * Edificación e obra civil
    * Fabricación mecánica
    * Hostalería e turismo
    * Imaxe persoal
    * Industrias alimentarias
    * Informática e comunicacións
    * Instalación e mantemento
    * Madeira e moble
    * Química
    * Sanidade
    * Servizos socioculturais e á comunidade
    * Transporte e mantemento de vehículos

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.
A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as competencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.
As unidades de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, e fai posible a transformación dos datos procedentes da súa actividade profesional e das aprendizaxes non formais en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo.
A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes.

Deste xeito as persoas que teñen experiencia laboral ou formación non acreditada poden chegar a acadar dunha forma sinxela parte dun título de formación profesional que lle facilitará a inserción ou continuidade no mercado laboral.