A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeulle á Fundación Cultural A Estrada as seguintes especialidades formativas AFD para desempregados que se impartirán nos exercizos 2018-2019:

  • Actividades de venda de 608 h, de Nivel II (é preciso acreditar algunha das seguintes titulacións: ESO, Certificado de profesionalidade de Nivel 2, Competencias clave de nivel 2 ou equivalente). Está previsto realizar o proceso de selección durante o mes de setembro para comezar a finais de outubro ou principios de novembro. Será en horario de mañá de 9:00 a 14:00 h.
    Completar con éxito este curso, suporá a obtención dun certificado de profesionalidade.
  • Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais de 448 h de duración, de Nivel I (sen requisitos de acceso). Está previsto que comece a primeiros de febreiro de 2019. Será en horario de mañá de 9:00 a 14:00 h.
    Completar con éxito este curso, suporá a obtención dun certificado de profesionalidade.


Os cursos AFD facilitan formación presencial a persoas de todas as idades, en situación de desemprego. Dita formación está cofinanciada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.


As persoas interesadas deben anotarse na Oficina de Emprego.