Dende a aula de Formación da Fundación Cultural da rede CEMIT, o  Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local e o servizo de Orientación Laboral do Concello da Estrada levarase a cabo o programa de actuacións de inclusión dixital: CONSTRUE O TEU CAMIÑO CARA O EMPREGO UTILIZANDO AS NOVAS TECNOLOXÍAS. EMPREGO 2.0, impartido por videoconferencia.

Os obxectivos desta actividade formativa son:

– Identificar as vantaxes que ten a busca de emprego a través de internet.

– Utilizar os recursos de internet para buscar emprego.

– Dispor dun curriculo e carta de presentación para utilizar na internet.

– Identificar as diferentes páxinas web sobre emprego que cómpre visitar (portais de emprego, directorios de empresas, bolsas de traballo, etc).

– Crear unha rede de contacto profesionais.

– Identificar as vantaxes das redes sociais para a busqueda de emprego.

 Abordaránse diferentes cuestións como:

– Como buscar emprego a través de Internet?

– Ferramentas necesarias para buscar emprego na rede.

– Qué portais de emprego cómpre visitar?

– Consulta de directorios de empresas.

– Ferrramentas da web 2.0 para a busca de emprego.

O alumnado que asista a este taller ha de ter uns coñecementos básicos sobre o manexo dun ordenador e a navegación a través de internet, para poder seguir con facilidade as propostas anteriormente citadas.

Para matricularse neste taller hai que inscribirse na Fundación Cultural da Estrada ou a través do formulario de inscripción da rede CEMIT: https://aulascemit.xunta.es/inscripcion.

INFORMACIÓN DA ACTIVIDADE

Data
    

Do 4 de setembro ao 2 de outubro

Localidade
    

A Estrada

Lugar
    

Aula de formación da rede CEMIT da FUNDACIÓN CULTURAL A ESTRADA

Hora
    

Martes e xoves de 11:00 a 14:00 h.

    * Descargar cartel.
    * Descargar díptico.

Para máis información

FUNDACION CULTURAL AESTRADA

Av. Benito Vigo, 94, 2º

Tlfo.: 986 570 997